Nova xornada de porteiros do Hockey Club Cambre

Participantes na xornada
O pasado sábado 4 de abril o Hockey Club Cambre en colaboración con OkPorters e co patrocinio do Concello de Cambre e a Federación Galega de Patinaxe, organizou a 2ª Xornada de porteiros de categorías base de hockey sobre patíns, dirixida nesta ocasión por Roger Molina, porteiro do primeiro equipo do Reus Deportivo e director da escola OKPorters e coa participación doutros porteiros dalgúns dos principais equipos galegos como Willy Domínguez e L.Aceituno.
A 2ª Xornada para porteiros de Hockey sobre patíns dividiuse en 2 sesións:
– Clinic de adestradores
O sábado pola mañá, Roger Molina impartiu unha charla para adestradores, na Sala de Servizos Sociais da Barcala, en Cambre. Roger expuxo a súa metodoloxía sobre como adestrar ao porteiro de hockey.
– Adestramento con porteiros:
Durante toda a tarde, a partir das 16 horas no Polideportivo de Os Campons, en Cambre, os adestradores que colaboraron nesta xornada fixeron que os mozos participantes realizasen unha serie de exercicios e xogos específicos para porteiros de hockey sobre patíns. Roger Molina aproveitará esta sesión para o desenvolvemento práctico do seu método de traballo.
Nesta 2ª Xornada participaron máis de 20 porteiros de hockey de distintas categorías base dos clubs galegos.











