publicidade hoxe

Nova edición da multitudinaria Milla Escolar de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene acollerá este domingo, 12 de abril, a XXII Milla Escolar, na que tomarán parte centos e centos de nenos e nenas de entre tres e dezaseis anos. A concelleira de Deportes, Rocío Bértoa, apuntou que, como nos últimos anos, realizaráse na Avenida do Mar, en San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira, nunha recta de 150 metros. Aínda que, se o tempo non acompaña, as probas trasladaránse ao interior do pavillón.

A Milla dará comezo ás 11 horas, coas categorías superiores –cadetes- e rematará coa categoría prebiberón 1. No caso dos cursos de Educación Infantil, os nenos e nenas non sairán todos xuntos, senón en quendas de dez participantes para evitar aglomeracións na saída que poidan provocar caídas. Tamén por este motivo non se realizará a medición dos primeiros clasificados nin entregarán trofeos, aínda que si medallas para todos os participantes. Estas entregaránse ao remate de cada proba e, unha vez conclúan estas, os tres primeiros clasificados en cada categoría tamén recibirán os correspondentes trofeos.

A concelleira de Deportes, área que organiza a Milla municipal Escolar, agradeceu a colaboración da Policía Local e de Protección Civil, que velarán polo correcto desenvolvemento deste grande evento deportivo, e avanzou que a circulación dos asistentes terá lugar polas rúas transversais de San Valentín, deixando rúas alternativas de entrada e saída. Ademáis contaráse co aparcadoiro da entrada de San Valentín.

Así mesmo, no caso de que a carreira se traslade ao interior do pavillón, realizaráse un circuíto en redondo de aproximadamente 125 metros, no que o percorrido se determinará por voltas e a distancia establecida inicialmente pode variar para adecualo a voltas completas.

Por último, sinalar que aínda hai unha última oportunidade para realizar inscripcións individuais. O mesmo día da carreira, entre as 9,30 e as 10,30 horas.

CATEGORÍA Aula equivalente Distancia Voltas Pavillón

CADETE aulas 3º e 4º de ESO 1.000 m. 8 voltas

INFANTIL aulas 1º e 2º de ESO 800 m. 6 voltas

ALEVÍN aulas 5º e 6º de primaria 500 m. 4 voltas

BENXAMÍN aulas 3º e 4º de primaria 400 m 3 voltas

PREBENXAMÍN aulas 1º e 2º de primaria 200 m 2 voltas

BIBERÓN aula de infantil de 5 anos 100 m 1 volta

PREBIBERÓN 2 aula de infantil de 4 anos 50 m ½ volta

PREBIBERÓN 1 aula de infantil de 3 anos 50 m ½ volta

9 de abril de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.