Normalización Lingüística entrega mañá os premios do XV Certame de Poesía e Imaxe “En Galego sen Filtro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Centro Cultural Carvalho Calero acollerá mañá mércores a entrega de premios e a inauguración da exposición dos traballos premiados no XV Certame de Poesía e Imaxe “En Galego sen Filtro”, organizado polo Concello de Ferrol, a través da Concellería de Normalización Lingüística, e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística (ENL). Este certame estivo dirixido a alumnos/as de todos os niveis de ensino non universitario (Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos). A edil de Normalización Lingüística, Martina Aneiros Barros, fará entrega dun agasallo conmemorativo do certame a cada un dos 28 alumnos e alumnas premiados. O acto de entrega de premios será a partir das 19:30 horas no Centro Cultural Carvallo Calero.

Este certame promover a participación do alumnado dos centros de ensino non universitario de Ferrol e comarca con debuxo, fotografía, colaxe, etc. Os traballos presentados basearanse en fragmentos de poesía ou prosa en diferentes linguas do mundo, isto é, varias formas de ver e expresar o mundo. O alumnado recibe nesta edición fragmentos en distintos idiomas -xaponés, grego, chinés, inglés, portugués, catalán, árabe, islandés, éuscaro, gaélico, latín e galego- e a correspondente tradución ao noso idioma. Deste xeito, achegase aos máis novos a realidade plurilingüe do mundo do que forma parte a nosa comunidade e da existencia de culturas e formas diferentes de expresión e comunicación, entre as que figura a nosa propia.

Os centros aos que pertencen as alumnos e alumnas autores dos traballos premiados son: CEIP Isaac Peral; CPR Compañía de María; CEIP A Laxe; CEIP San Xoán de Filgueira; CEIP Ponzos; CPI Valdoviño (Atios); CEIP Manuel Masdías; CPR Sagrado Corazón; CPR Belén; IES Concepción Arenal; IES Saturnino Montojo; CPR Valle Inclán e IES Carvalho Calero.

28 de abril de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.