Nigrán solicita á Deputación unha subvención para o acondicionamento da Avda. Reverendo J.M. Pérez Alonso
Nigrán solicita á Deputación de Pontevedra financiamento para a execución dun proxecto de acondicionamento da Avenida Reverendo José María Pérez a través do Plan de Obras e Servizos 2015 da administración provincial, unha actuación valorada en 170.000 euros.
O proxecto, que ten por obxecto mellorar a seguridade viaria tanto para o tráfico rodado como peonil, contempla a renovación da capa de rodaxe en todo o trazado deste viario da parroquia de Nigrán, que conecta Ceán e a contorna do parque empresarial co centro urbano, así como a mellora das beirarrúas, que se atopan nun estado precario de conservación.











