Nigrán organiza un curso de formación en limpeza de infraestruturas hostaleiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán abre o período de inscrición para o curso “Operacións básicas de pisos en aloxamento”, dirixido a homes e mulleres empadroados no Concello de Nigrán, que se atopen en situación de desemprego ou en activo pero cun contrato máximo de 10 horas mensuais ou 40 semanais.

O curso, totalmente gratuíto, ten como obxectivo a formación de persoas para a limpeza de infraestruturas hostaleiras. O período de solicitude de praza, que se abre hoxe, finalizará o próximo 29 de abril, e deberá formalizarse no Rexistro Municipal. Máis información no CIM, Estrada pola Vía, 65, Panxón, no teléfono 986 383 081 ou no correo electrónico cim@nigran.org.

20 de abril de 2015 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.