Nigrán informa do programa diurno de balnearios “Coidarte 2015”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A concellaría de Benestar Social do Concello de Nigrán informa que a Deputación Provincial de Pontevedra, organiza e convoca o Programa Diurno de Balnearios, “Coidarte 2015”. Consiste en pasar 5 tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia , facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús.

Poderán gozar dunha serie de servizos durante unha media de 2 horas día. Está dirixido a persoas maiores de 50 anos e pensionistas que acrediten a súa necesidade. Este programa está cofinanciado pola Deputación e o Concello de Nigrán, sendo a cantidade a abonar polo usuario de 60 € .

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 27 de abril. Os interesados poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais de Nigrán os martes ou xoves solicitando cita previa no teléfono 986.365.00, ext. 4.

28 de abril de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.