publicidade hoxe

Nigrán acolle a exposición fotográfica do Fondo de Cooperación Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

As dependencias municipais albergarán até o próximo 28 de abril a exposición fotográfica do Fondo de Cooperación Galego titulada “Galicia-Cabo Verde, unha irmandade”, obra do fotoperiodista ferrolán, Rober Amado.

A exposición, que pode visitarse de forma gratuíta en horario de 9.00 a 14.00 horas, está formada por 20 paneis a todo cor, con algunhas das fotografías máis significativas do gañador da primeira edición do concurso fotográfico “Imaxes con Fondo”. Como gañador do devandito concurso, Rober Amado emprendeu, en outubro de 2013, unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde.

O fotoperiodista galego naceu en Ferrol en 1985. É licenciado en Psicoloxía e fixo un Máster en Cooperación Internacional e outro en Xornalismo. É fotógrafo e redactor multidisciplinar, colaborando con diversos medios estatais como El País ou A Vanguardia e autonómicos como La Voz de Galicia.

7 de abril de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.