publicidade hoxe

Neda é oficialmente Municipio solidario co Alzhéimer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
O alcalde de Neda coa representante de AFAL

O alcalde de Neda coa representante de AFAL

Así llo trasladou onte o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, á presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (AFAL Ferrolterra), Milagros Prieto Gondell, nunha xuntanza celebrada na casa consistorial. A corporación aprobaba por unanimidade a declaración consciente de que o alzhéimer é o tipo de demencia máis prevalente e que, na actualidade, afecta en España a 3,5 millóns de persoas, entre as que o sufren e os seus familiares coidadores.

Deste xeito, o Concello de Neda quere, con este xesto institucional, apoiar a sensibilización e concienciación da sociedade, institucións e políticos sobre un problema socio-sanitario de primeira magnitude. E é que, declarándose “Municipio Solidario co Alzheimer”, o Concello apoia a iniciativa liderada por CEAFA (confederación de asociacións de familiares de enfermos), que reivindica a posta en marcha dunha Política de Estado de Alzhéimer.

Pola súa banda, Milagros Prieto agradeceu a adhesión do Concello de Neda.

1 de abril de 2015 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.