publicidade hoxe

Neda celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil cunha sesión de contacontos a cargo de Marisa Irimia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Co ánimo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco do programa municipal “Lesme un conto?”, o Concello organiza mañá mércores, 8 de abril, unha sesión de animación á lectura moi especial, a cargo da narradora Marisa Irimia e baixo a denominación “Sopa de contos”. Será a partires das 18,30 horas, no espazo infantil da Biblioteca Municipal. A entrada é libre e gratuíta, e non se require de inscripción previa.

Así mesmo, dende o Concello se informa de que se procedeu á adhesión á OEPLI, Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de difundir entre os nenos e nenas de Neda a mensaxe da escritora Marwa Obaid e o cartel da ilustradora Nasim Abaeian, que este ano preparou a sección IBBY de Unión de Emiratos Árabes, e cuxa versión nas catro linguas oficiais se pode descargar na seguinte web: http://www.oepli.org/pag/gl/oepli.php

7 de abril de 2015 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.