Nacho Pedraza: “Hai que tratar de competir e acabar do mellor xeito posible”
Esta tarde celebrouse a roda de prensa previa ao partido que este sábado (18:30 horas- Pavillón de Anaitasuna) enfrontará ao Prone Lugo ante o Magna Navarra, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Nacho Pedraza.
Declaracións:
Nacho Pedraza:“Hai que tratar de competir e acabar do mellor xeito posible, e ver que os que queiran estar aquí o ano que vén dean un paso á fronte. Estamos baixando nos segundos tempos, ultimamente estamos moi xustos de efectivos e chegamos sen gasolina aos segundos tempos, non é escusa, pero si competésemos como nas primeiras partes seguro que sacariamos algo. Navarra mantén a columna destes anos, con xente experimentada e xente nova con fame, é un partido complicado. Mantemos a intensidade ata que hai gasolina, e a partir dese momento métennos goles, a falta de experiencia nalgunhas fases dos partidos e a xuventude do plantel fai que cometamos erros que non debemos ter. Reuninme co presidente e con Manolo, eu sei o que eles queren e deilles a miña opinión, aquí fai falta xente comprometida, cando esteamos en Segunda División e vexamos o difícil que é subir, ahí a xente darase conta do pouco que se valorou xogar en Primeira División, si as cousas van ben eu quedareime”.
Manolo Vázquez: “Estamos axustando competencias e desempeños, hai diferentes perfís, no perfil uno están os que teñen que ter máis competencias, hai xogadores que están no un cando terían que estar no dous ou no tres. Para o ano que vén quero catro do perfil uno, catro do dous e catro do tres. Hai xogadores que están no mesmo posto e no mesmo perfil, así que un ou se vai ou cambia de perfil. No perfil un estamos máis xustos. Son novos e moitas veces non teñen claras as competencias que teñen que asumir e que son innegociables para poder ser xogador profesional. Eu voulles a axudar para que sigan todos, pero si non están neses mínimos non vou ceder. Están xogando todos, todos están tendo oportunidades, a súa desempeño e as súas competencias son as que van facer que se poidan quedar. O club e o corpo técnico queremos un grupo que teña claras as súas competencias e queremos xente comprometida. Para este partido parece que podemos ter dez xogadores e dous porteiros; vai estar Diego Fente, se cadra entran Rubén Mouriz e Manu, pode parar calquera cousa ata o último momento, como con Óscar o outro día. Teño claro que nestes tres partidos non vou regalar minutos, imos empezar a travesía do ano que vén. No caso de haber baixas pode haber máximo tres, pero poida que non haxa ningunha, eu quero á xente de casa pero ten que entender que ten que cumprir uns roles, pero si non quere eu nada podo facer. Quero tres porteiro no primeiro equipo, eu quero que Óscar estea aquí, está traballando ben, pero aínda lle faltan competencias.”











