Montealegre dará continuidade ás actividades infantís e para adultos vinculadas cos animais e a natureza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, e o coordinador das actividades, José Méndez, presentaron esta mañá no Salón de Plenos diversas actividades que acollerá o parque de Montealegre en próximas datas, dando continuidade ao programa de obradoiros xa en funcionamento nos últimos meses. Serán actividades gratuítas, destinadas tanto a nenos e nenas como a adultos, todas elas relacionadas coa natureza e os animais.

Xa esta fin de semana, o sábado terá lugar a partir das 17:30 h un obradoiro para adultos, que terá como finalidade descubrir as aves polos seus cantos. O domingo a partir das 11:30 horas, nenos e nenas tamén aprenderán a coñecer as aves da súa cidade, coa actividade denominada “Paxaros de la”.

En datas posteriores, haberá actividades infantís sobre hortas e exploración do parque; e outras sobre árbores e as estratexias das plantas, para adultos.

13 de abril de 2015 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.