Monforte expón as listas do censo electoral durante oito días
Entre os días 6 e 13 de abril o Concello de Monforte porá a exposición pública as listas do Censo Electoral. Convocadas as eleccións municipais a celebrar o día 24 de maio, e en cumprimento do disposto no art. 39 da Lei Orgánica 5/1985, de Réxime Electoral Xeral (LOREG), infórmase que se exporán ó público as listas do CENSO ELECTORAL por prazo de OITO DÍAS, dende o 6 ó 13 DE ABRIL, ambos inclusive.
Lémbrase que as reclamacións referidas ó Censo Electoral deberán ser formuladas e firmadas polo interesado, sendo preciso presentar o orixinal do D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir. No caso dos estranxeiros precisarase o orixinal da tarxeta de identidade de estranxeiro (para os cidadáns da Unión Europea pódese admitir un documento de identidade do seu país de orixe).
O Censo que se utilizará neste proceso electoral é o pechado a día 1 de xaneiro de 2015, e nel recóllense os movementos de poboación efectuados ata o 30 de decembro de 2014.
Lémbrase a importancia de comprobar a inclusión no Censo Electoral no devandito prazo.











