Mon Barreiro foi convocado coa Selección Española de Fútbol sala Feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Mon Barreiro, segundo adestrador do Santiago Futsal, foi convocado pola Selección Española de Fútbol sala Feminino para acudir ao VI Torneo Internacional Amigable de Fútbol sala Feminino ‘9 de Maio’ que se celebra en Moscova (Rusia) do 3 ao 10 de Maio.

O técnico de Santiago, que se despraza coa Selección Española como adestrador de porteiras, incorporarase ao combinado nacional o vindeiro domingo 3 de Maio.

O adestrador do Santiago Futsal participará este venres 1 de Maio no Campus de porteiros ‘7 Horas baixo paus’, organizado conxuntamente polo Santiago Futsal e a escola de porteiros MFS. Mon Barreiro será director e coordinador do Campus ‘7 Horas baixo paus’.

29 de abril de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.