Moeche acolle a Feira Ecuestre 23 Abril

Alfonso Rueda na feira ecuestre
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a “Feira Ecuestre 23 Abril” que se celebra anualmente no concello coruñés de Moeche. No marco deste importante encontro ecuestre celebrase un concurso hípico de gran tradición e sona no norte peninsular, que conta con gran afluencia de público procedente de toda Galicia, así como de Asturias e a zona norte de Portugal.