Metal Cluster Galicia e Asime organizan unha xornada baixo o título “Factories of the future”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A FUNDACIÓN CLUSTER METALÚRXICO DE GALICIA (Metal Cluster Galicia) e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME),  organizan unha xornada baixo o título “FACTORIES OF THE FUTURE”, o día 10 de abril, venres, ás 10:00h no Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro, 1). Este evento considérase necesario debido ao escenario que se aproxima cos retos do novo Marco Europeo de investigación e innovación da Unión Europea-Horizonte 2020 e a situación pola que atravesa a industria española en xeral, e en particular, a industria galega e o noso sector metalúrxico. 

Neste encontro,contaremos con representantes de empresas de relevo tanto de ámbito nacional como de ámbito galego do sector metalúrxico. Os relatores relatarán desde a súa experiencia propia, como ven a situación actual da industria e como van adaptar as súas propias factorías á situación que se presenta baixo o novo Marco Europeo.

7 de abril de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.