publicidade hoxe

Medio cento de persoas arroupan a María López Sández na presentación do seu libro “O faro escuro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Presentación de "O faro escuro"

Presentación de “O faro escuro”

Medio cento de persoas acompañaron a María López Sández na presentación do libro “O faro escuro”, unha novela publicada pola Editorial Galaxia. Unha presentación organizada polo Concello de Brión, para conmemorar o Día do Libro, e na que participaron a autora, a crítica literaria Dolores Vilavedra e o alcalde de Brión, José Luís García.

Durante algo máis dunha hora, María López Sández entablou un diálogo con Dolores Vilavedra e o público presente sobre a súa novela, defendendo popularidade da novela negra porque é “unha continuidade do que para os nenos son os contos de fadas”. Pola súa banda, Vilavedra definiu esta obra como “unha fábula moral, que se apreza máis nunha segunda lectura” e indicou que “amosa ata que punto o azar inflúe nas nosas vidas”.

O programa de actividades do Concello de Brión para conmemorar o Día do Libro pecharase mañá sábado 25 de abril, coa representación da obra “Almas Sinxelas”, un sainete do autor ourensá Xavier Prado Lameiro representado por Teatro Charamela. A función será no teleclub de Ons, ás 21:00 horas.

24 de abril de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.