Maxia que sensibiliza no Centro Deportivo Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Sesión de maxia

Sesión de maxia

Na tarde de hoxe xoves a maxia foi a gran protagonista. O gran mago lucense Rafa actuou no Centro Deportivo Terra con motivo da semana do día mundial do Parkinson, organizada pola Asociación Parkinson de Lugo e coa que a Fundación Azkar colaborou para poder sensibilizar a través da maxia sobre esta enfermidade.

O acto obtivo unha gran resposta de todas as familias da EscolaTerra e convenios da Fundación Azkar que gozaron das ilusións e a maxia de Rafa nun espectáculo cheo de humor e de sorpresas para os máis de 120 asistentes.

Dende a Fundación Azkar queremos dar as grazas á Asociación Parkinson Lugo como ao mago Rafa pola colaboración prestada.

Maxia!

Recordamos que o día 11 de Abril é o día mundial do Parkinson e que está organizado un flashmob conmemorativo para as 12:00 horas na Praza de San Marcos organizado pola AsociaciónParkinson Lugo e ao que vos animamos asistades.

9 de abril de 2015 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.