Marta Pereira volve a ser convocada nun Ceti autonómico

Marta Pereira
Este venres a nosa Marta Pereira foi convocada de novo para participar nun CETI AUTONÓMICO, isto supón a confirmación do bo traballo levado a cabo ata agora. Especial mención merece este ano no que tras o acordo ao que se chegou co Bosco Celta, Marta foi adestrada por Roberto Rajó, home da casa con gran experiencia e calidade técnica, avalada non só polos anos senón polos resultados que ata agora obtivo ao longo da súa carreira profesional.
O máis destacable á parte da calidade e formación técnica de Marta, é que é chamada novamente pola Federación galega de Baloncesto para participar no CETI AUTONÓMICO, o segundo que se organiza nesta tempada, e ao que vai só o mellor de Galicia. Neste caso, e como tamén ocorreu con Jens Kjaersgaard, Marta é seleccionada entre as mellores 20 de toda Galicia.
Atrás quedan todos os CETIS ZONAIS nos que foi seleccionada: Salesianos, Tuy e Baiona e aos que asisten xogadores de clubs de Vigo e arredores e nos que sempre destacou. Agora chega o momento do salto e de situarse entre as mellores de Galicia e nun futuro próximo por qué non na Selección Galega.











