publicidade hoxe

Marcha de sendeirismo pola ruta dos Faros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura e Deportes que dirixe Rocío Bértoa, organiza este domingo, 19 de abril, unha nova marcha de sendeirismo. Neste caso, os participantes cubrirán o tramo de 22 quilómetros que une Malpica e Niñóns, no marco da Ruta dos Faros. Así, a concelleira sinala que as prazas son limitadas -30- e que as persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse no Departamento Municipal de Cultura e Deportes e abonar unha cuota de 10,45 euros. O prazo remata este xoves, 16 de abril. A cuota permitirá contribuír a sufragar os gastos de desprazamento en autocar ata Malpica. Autobús que partirá da praza do Concello o domingo ás 8 horas. A chegada prevése sobre as 19 horas ao mesmo punto. O participante deberá levar a comida e aconséllase roupa e calzado cómodos.

Así mesmo, Rocío Bértoa avanzou que o Concello organizará unha nova ruta de sendeirismo o 9 de maio. Neste caso, entre a costa de Bueu e o cabo Udra. Con dificultade media, serán 18 quilómetros. Como no caso anterior, é preciso inscripción previa e o abono de 10,45 euros. Neste caso, o prazo para anotarse no departamento de Cultura e Deportes conclúe o 7 de maio. Unha e outra marcha forman parte do programa Sendeirismo de Primavera.

14 de abril de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.