publicidade hoxe

Manuel Pumarega e Pablo Charlón inauguran a mostra fotográfica “Vagamundos” en Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

Os fotógrafos Manuel Pumarega Mayo e Pablo Charlón inaugurarán mañá venres 17 de abril, ás 20:30 horas, a exposición “Vagamundos”, unha selección de fotografías que poderá visitarse na sala municipal de exposicións de Brión ata o próximo 8 de maio. Un acto que estará presidido polo alcalde de Brión en funcións, José Pedro Cambón Fernández. A entrada é libre e de balde.

Manuel Pumarega Mayo (Santiago de Compostela 1982) formouse en Óptica e Optometría. Traballa como fotógrafo freelance, sobre todo en fotografía social, de paisaxes e, en menor medida, gastronómica. É colaborador da axencia istock, dende onde vende as súas imaxes.

Pablo Charlón (A Coruña), tamén optometrista de profesión, é fotógrafo freelance e colaborador na axencia Getty Images, a través da que ten vendido fotos a clientes como Apple, Google, Lonely Planet, Microsoft, Iberia, Orange, British Airways ou a revista París Match, entre outros.

16 de abril de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.