Máis de 75 comercios de Lugo sacan as súas mercadorías á rúa no Street Market

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Orozco na visita ao Street Market

Orozco na visita ao Street Market

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e aConcelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, acompañadas pola Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, e directivas da Asociación fixeron esta mañá un percorrido polos distintos postos desta sexta edición do Comercio na rúa Street Market, que se celebra ao longo de todo o dia na cidade.

Nesta edición participan 76 establecementos comerciais que ofrecerán as súas mercadorías na rúa con horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas e no que se poden atopar importantes descontos. Ademais os produtos que se forman parte desta actividade van dende os complementos, lencería, xoias ou zapatos a prezos moi

As rúas nas que nos podemos atopar locais participantes son Armórica, Armañá, rúa da Raíña, Campo Castelo, Doutor Castro, Montero Rios, Bispo Aguirre, Praza da Soidade, Praza Angel Fernández Gómez, Praza Maior, rúa do Progreso, Quiroga Ballesteros, Rúa Nova, Salmón, San Froilán, San Pedro, Santo Domingo, Tenente Coronel Teixeiro e Rúa da Cruz.

23 de abril de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.