publicidade hoxe

Máis de 400 estudantes participarán na Feira dos Libros do CEIP Nicolás del Río

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O CEIP Nicolás do Río de Cedeira conmemora o Día do Libro coa cuarta edición da súa particular Feira dos Libros. Unha actividade de animación á lectura na que os estudantes do centro intercambian publicacións. Arrancará mañá martes, 21 de abril, ás 17 horas e, a partires de entón, celebraráse durante cinco martes consecutivos, no mesmo horario. Iso si, haberá sorpresas cada xornada.

Trátase do cuarto ano consecutivo no que se celebra e, edición tras edición, increméntase a participación. Nesta de 2015, serán máis de 400 escolares e se intercambiarán máis de 1.200 libros. Como cada ano, un dos atractivos da actividade será a ambientación. E, nesta ocasión, o mar será o protagonista, tanto do espazo como das actividades propostas.

20 de abril de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.