Máis de 1.000 escolares gozarán do baloncesto no torneo 3×3 do CB Arxil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+
Entrega da subvención

Entrega da subvención

A deputada Begoña Estévez entregoulle esta mañá á presidenta do club CB Arxil, Milagros Sanmartín, unha subvención de 5.000 euros da Deputación para o desenvolvemento do evento o vindeiro mes de maio.

Con carácter lúdico, este torneo 3×3 busca promover a deportividade entre os máis pequenos. Co baloncesto como protagonista, o campionato será unha importante cita deportiva para os escolares da cidade, que volverán encher de canastras a avenida Monteros Ríos.

Segundo adiantou a presidenta do club, nesta décimo cuarta edición do torneo esperan superar a participación de anos anteriores, con preto de 1.200 nenos e nenas que terán a oportunidade de gozar do baloncesto na rúa. Aínda que non se confirmou a data definitiva do torneo, terá lugar antes de que o equipo verde dispute o Campionato de España.

Instalaranse máis de 30 canastras nas que, ó longo da mañá, os escolares xogarán unha media de cinco partidos. O pasado ano neste torneo participaron 11 centros escolares; o obxectivo do CB Arxil é que a demanda de participantes aumente cada ano.

1 de abril de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.