Luis Menor reúnese cos responsables da Federación de Agrupacións de Protección Civil de Lugo

Luis Menor durante a reunión
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor mantivo hoxe unha xuntanza cos responsables da Federación de Agrupacións de Protección Civil da provincia de Lugo. Luis Menor agradeceu o interese da Federación por manter reunións periódicas co fin de establecer unha relación fluída que repercuta positivamente na coordinación no eido das Emerxencias no territorio lucense, e acadar a máxima eficacia nos recursos dispoñibles tanto da Xunta coma dos concellos.
Ademais, o director xeral lembrou a posta a disposición da Academia Galega de Seguridade Pública que ofrece anualmente diversos cursos destinados á formación e permanente actualización dos membros de Protección Civil de toda a comunidade.











