Luís Fernández é o único representante galego no Campionato do Mundo de Slalom en Brasil
Luís Fernández é o único representante galego no Campionato do Mundo de Slalom que comezou a disputarse en Foz de Iguazú (Brasil). O padexeiro do Club Penedo competirá na modalidade de C-1, tal como fixese o ano pasado na proba mundialista de Australia, onde logrou brillantes resultados.
Luís Fernández aínda pertence á categoría júnior e gañouse a praza para competir no Mundial nos esixentes controis selectivos que se disputaron en Pau (Francia) e a Seo de Urgel. Está concentrado no Centro de Alto Rendemento e é habitual a súa presenza nas probas nacionais e internacionais. O ano pasado foi oitavo na súa primeira presenza mundialista e logrou a medalla de bronce na modalidade de patrullas.
O padexeiro de Caldelas de Tui aspira a mellorar estes resultados, aínda que contará coa experiencia de ser o seu segundo ano na categoría xuvenil. O Mundial de Brasil finalizará o vindeiro domingo. Serán catro días de competición.











