Lugo acolle a VII Concentración Tuning & Racing no Recinto de Feiras e Congresos
A cidade de Lugo acolle este próximo fin de semana, os días 2 e 3 de maio, a VII Concentración Tuning & Racing Cidade de Lugo organizada por Ancares Tuning Club, no Pazo de Feiras e Congresos.
Esta concentración que xa é a máis antiga da comunidade galega comezara o sábado 2 ás 10:00 da maña e ata a 1 da madrugada e o domingo 3 de maio iniciarase tamén ás 10:00 sendo a entrega de trofeos as 17:00 e dando por rematada as actividades ás 18:00 horas.
Durante as dúas xornadas os visitantes contarán con todas as especialidades do mundo do motor: tuning, raciong e exposición de clásicos, ademais de que están previsto numerosas actividades para participar todos os asistentes e nos que haberá premios en diferentes categorias, como mellores exteriores, interiores e equipos de son.
Nesta edición xa se confirmaron asistentes de todo Galicia, asi como da zona norte de España (Asturias, Pais Vasco) e tamen da provincia de Castela e León, Madrid e norte de Portugal











