Leiva, Lori Meyers, Ana Morgade ou Leo Nucci entre as propostas da programación de abril no Jofre e no Auditorio de Ferrol
O ciclo de monólogos e de grandes concertos “Son(S) de Ferrol” centran a programación escénica que se poderán ver o vindeiro mes de abril no Teatro Jofre e o Auditorio de Ferrol. Esta ampla oferta elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, destaca no ámbito musical con concertos tanto líricos como contemporáneos.
Así, o barítono Leo Nucci, o cantante Leiva ou o grupo Lori Meyers, forman parte da proposta cultural ferrolá para o mes de abril no Auditorio e o no Jofrel. Este elenco musical complétase co teatro adulto “Love Room”, a obra infantil “Martes”, o monólogo “Morgadeces” de Ana Morgade e o concerto “Tempo” de música a cappella que acollerá o Jofre.











