Lalín acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Seleccións Provinciais de Balonmán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLalín
A-
A+

Maña 1 de maio celebrarase en Lalín a duodécima edición do Campionato Galego de Selección Provinciais de Balonmán coa participación de case 200 nenas e nenos das categorías infantil (masculina e feminina) e alevín (mixta). Será o segundo ano consecutivo no que Lalín acolla este torneo, nunhas instalacións de altísimo nivel (O Lalín Arena) e nunha situación estratéxica, grazas as súas boas comunicacións por estrada.

Preto de douscentos xogadores/as, xóvenes promesas do balonmán galego, terán a oportunidade de gozar dunha xornada de deporte e convivencia con deportistas de toda Galicia. As seleccións das catro provincias enfrontaranse nas categorías alevín mixta, infantil masculina e infantil feminina, baixo o formato de todos contra todos a unha soa volta. As provincias de Pontevedra participarán só con xogadores/as de primeiro ano en cada categoría ou de segundo ano da categoría inmediatamente inferior.

A Federación Galega de Balonmán apostou por Lalín por segundo ano consecutivo por varios motivos: Lalín é unha localidade que vive o balonmán con moita paixón e o pasado ano o evento foi un absoluto éxito, no que gozaron tanto os participantes coma as súas familias que se desprazaron ata Lalín aproveitando que era un día festivo. Ademais esta localidade goza dunha situación xeográfica privilexiada e con magníficas comunicacións.

Ano 2014. O pasado ano Pontevedra proclamouse gañador absoluto do Campionato Galego de Seleccións Provinciais. Pontevedra logrou o primeiro posto nas tres categorías e ademais con pleno de vitorias, xa que gañou os nove partidos disputados en cada competición.

30 de abril de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.