“La Pizzicata” recolle a acreditación como gañador da Ruta do Pincho da Lamprea do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Entrega dos premios

Entrega dos premios

Como broche final da “Ruta do Pincho da Lamprea do Miño 2015” celebrouse esta mañá na sala de plenos do Concello a entrega dos premios ós afortunados. Nela estiveron presentes Dna. Ana Karina Rodríguez e D. José Luis Morais ,viveiristas e organizadores, xunto co alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas e Dna. Montserrat Magallanes Álvarez, Concelleira de Turismo.

No acto estiveron presentes os gañadores do sorteo, que con seus votos fixeron gañador o restaurante “La Pizzicata”.Manuel Alonso, propietario e cociñeiro do local, foi o encargado de recoller o diploma que o acredita como o mellor pincho da ruta do 2015.

Nesta edición da ruta estímase que se repartiron máis de 3.500 pinchos, o que amosa un aumento de máis de 1.000 respecto ó evento do ano anterior. Tanto a organización, coma os establecementos participantes nesta ruta, amosan a súa satisfacción e esperan darlle continuidade a este evento que ten por finalidade dar a coñecer a lamprea.

10 de abril de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.