publicidade hoxe

La Guardia actuará na Festa do Mar de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre as últimas novas dentro da programación que se levará a cabo durante a próxima Festa do Mar que este ano 2015 celebrará a súa XV edición nos días comprendidos entre o 19 e o 23 de agosto. Nestes momentos, a Concellería de Turismo xa ten confirmadas as actuacións que terán lugar durante as noites do evento festivo que se celebrará como sempre na vila mariñeira de Combarro.

A última actuación confirmada por parte do Concello terá lugar na noite do 19 de agosto co concerto organizado pola Cadena Cien do grupo La Guardia.

Anteriormente xa estaban confirmadas as actuacións do xoves 20 de agosto co cantante Carlos Baute e o Festival Armadiña Rock que como en anteriores edicións terá lugar na noite do venres. O sábado 22 de agosto actuará en Combarro o grupo América e por último a noite do domingo 23 de agosto a festa rematará coa actuación do grupo canario The Boys Machine.

A Concellería de Turismo segue a apostar por unha festa que ten como pratos fortes a gastronomía, a tradición mariñeira representada coa Concentración de Embarcacións Tradicionais que este ano celebrará a súa XX edición. O folclore e a música actual son tamén protagonistas importantes dunha festa que xa leva anos sendo unha cita obrigada do verán no municipio de Poio.

29 de abril de 2015 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.