Julio Masid e María José Curral visitan a ‘Cidade do Futsal’

Visita da Cidade do Futsal
Mañá comeza a II Edición do Torneo ‘A Cidade do Futsal’ e esta mañá visitou as instalacións o director de Viaqua, Julio Masid e a concelleira de Deportes de Santiago de Compostela María José Curral. Acompañados polo presidente do Santiago Futsal, Ramón García, percorreron as instalacións da Cidade da Cultura na que se desenvolverá este fin de semana o Torneo organizado polo Santiago Futsal.
Durante este fin de semana terá lugar ‘A Cidade do Futsal’, torneo de fútbol sala base que contará coa participación de máis de 70 equipos e un total de 400 participantes. Ademais da Minifutsal Cup, tamén haberá actividades formativas Viaqua, inchables, pistas de voleiboll, xogos e agasallos para todos os participantes. O evento comezará mañá ás 11 h coas xornadas formativas que impartirán os xogadores do Santiago Futsal e continuará a tarde do sábado e a mañá do domingo cos partidos das categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
As actividades son totalmente gratuítas para todos aqueles que queiran gozar un fin de semana de diversión na Cidade da Cultura.











