publicidade hoxe

Javier Bueno Lema será o pregoeiro da Festa da Filloa de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A XXIV edición da Festa de Filloa, celebrarase coma sempre o vindeiro primeiro de maio, este ano, en venres. Ten a consideración de Intereses Turístico de Galicia por parte da Xunta de Galicia dende o 20 de febreiro do 2.008. A comisión organizadora, e a mesma que organiza a Mostra Exposición de Muimenta.

A comisión organizadora desta edición propúxelle a Don Javier Bueno Lema (Zas – A Coruña; 1.965) ser o pregoeiro desta edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia. Ocupa o cargo de Vicerrector de Coordinación do Campus de Lugo (U.S.C.) dende xuño do ano 2.014.

É Doutor Enxeñeiro Agrónomo e Profesor Titular de Universidade da Área de Enxeñaría Agroforestal do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. Universidade de Santiago de Compostela

Cursou os Estudios de Enxeñeiro Agrónomo na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo. Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid, tras realizar os seus estudios de terceiro ciclo no “Departamento de Ingeniería Rural”.

Profesor da USC dende o ano 1.991, onde ten impartido materias relacionadas coa mecanización agraria e forestal nas titulacións de Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Agrónomo e Enxeñeiro de Montes, así como no programa de terceiro ciclo do Departamento de Enxeñaría Agroforestal.

Entre os cargos desempeñados ten sido Director do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC nos anos 2.005 e 2.006 e Director da Escola Politécnica Superior de Lugo da USC entre os anos 2.007 a 2.014.

Igualmente, a comisión organizadora, xunto os rapaces que organizan a quedade ciclista, lembran que o vindeiro martes día 28, remata o día para apuntarse a toda a xente que queira acudir a mesma. A xuntaza será as 9 da maña, no campo de fútbol da S.D. Muimenta, para sair, despois da foto de familia, ás 09:15 horas dende o Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta.

26 de abril de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.