Instalaranse aparatos de xogo para nenos con mobilidade reducida en varios parques infantís de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, destinará preto de 5.000 euros na instalación de dous columpios de accesibilidade nas zonas de xogo da praza de España e na situada na parte traseira do Centro Cívico de Caranza. Estes elementos de xogo poderán ser utilizados por menores a partir de 1 ano e até os 10-12 anos. Ao respecto, a intención do Goberno Municipal é dotar progresivamente a máis parques infantís da cidade destes elementos dirixidos á nenos/as con problemas de mobilidade.

Noutra orde de cousas, e dentro das intervencións do Plan de Barrios, en Ultramar estánse a realizar os traballos que permitirán dotar a praza de Cuba dun novo parque infantil con seis elementos de xogo. Esta actuación forma parte das tarefas de conservación e mellora que se están a levar a cabo na praza de Cuba; e o seu importe ascende a 21.000 euros.

Ademais, a Concellería de Servizos e Medio Ambiente instalará un novo parque biosaudable no barrio de Santa Icía, atendendo a unha solicitude da entidade veciñal trasmitida. A valoración desta actuación ascende a 7.000 euros; e o equipamento se ubicará nas inmediacións do local social.

27 de abril de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.