Inícianse as obras no novo Centro de Saúde de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

No día de hoxe, a empresa adxudicataria da construción do novo Centro de Saúde en Gondomar, CORSAM-CORVIÁN, iniciou os primeiros traballos de construción, que teñen un prazo de execución de 12 meses.

O novo Ambulatorio de Gondomar, edificarase nos terreos da parcela da Rúa das Ánimas, unha infraestrutura moderna, onde se atenderán as necesidades de saúde dunhas 10.400 persoas, cunha superficie superior a 1.600 metros cadrados, contará cunha área de medicina xeneral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos de apoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

Esta nova obra está cofinanciada ao 80% polo programa operativo Feder, 2007-2013, por un importe de 2.373.546,82 millóns de euros, dará resposta a unha das demandas máis solicitadas polos veciños do municipio.

16 de abril de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.