Inícianse as obras de humanización do último tramo de Ramón e Cajal e Arapiles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A peatonalización dos últimos tramos das rúas Asrapiles e Ramón e Cajal completarase a partir do luns coas obras de humanización que levará a cabo o Concello cun investimento de 86.000 euros. Os traballos adxudicados á construtora Nemesio Ordóñez consistirán nunha actuación estética similar á das rúas laterais so xardín de Ravella. O prazo de execución é de 3 meses.

Aínda que hai un ano que os vehículos deixaron de circular polos últimos tramos das rúas Arapiles e Ramón e Cajal, co única excepción dos accesos a garaxes e tarefas de carga e descarga, será a prtir do luns cando a peatonalización se complete cos correspondentes traballos de humanización tendentes a dotar a esta zona da mesma aparencia que as rúas que bordean o xardín de Ravella.

As obras consistirán en unificar a rasante da rúa suprimindo o resalto entre calzada e beirarrúa xa
que logo a vía pública vai ter un carácter peonil e o único tránsito rodado permitido será o dos
accesos a garaxes. Para elo, pavimentarase o chan con lousas de granito de 4 centímetros de grosor, e lousa hidráulica para diferenciar os laterais a xeito de beirarrúa.

O proxecto prevé tamén a renovación da rede de abastecemento, instalación de sumidoiros e canalizacións para a recollida de augas pluviais. A actuación rematarase coa substitución das luminarias do alumeado público, e instalación de mobiliario urbano como bancos e papeleiras.

10 de abril de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.