Inaugúrase en Santiago o IX Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Congreso da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria

Congreso da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Palacio de Congresos á apertura do IX Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria (FAECAP). Agustín Hernández deulles a benvida a Santiago aos participantes, que “hoxe se reúnen aquí, neste grande acontecemento, para dar a coñecer as súas experiencias, os seus coñecementos e debater sobre o futuro dunha profesión vital no día a día da nosa sociedade e no mantemento do Estado do Benestar”.

Tras lembrar a tradición médica –docente, investigadora e asistencial- de Santiago de Compostela, o alcalde falou do labor destes profesionais da asistencia familiar e comunitaria (médicos, educadores, técnicos, profesores e enfermeiros), “forxado no trato constante cos pacientes”, grazas ao cal “fan unha achega persoal e directa de gran transcendencia para axudar na mellora da función do colectivo”.

Sobre o Congreso, expresou o seu desexe de que sexa “un punto de referencia para o pleno recoñecemento duns profesionais competentes que se afanan por ofrecer uns coidados de calidade que a sociedade demanda cada vez en maior medida”.

24 de abril de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.