Imputan a un veciño de Verín por un incendio forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVerín
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil da Gudiña (Ourense) imputou a un veciño do municipio ourensano de Verín un delito de incendio forestal por imprudencia grave causado tras cortar unha árbore que caeu sobre un poste de media tensión. Segundo informou o Instituto Armado, ás 12,00 horas do xoves foi imputado J.F.P., de 50 anos de idade e veciño de Verín, como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave.

O lume orixinouse tras cortar unha árbore que se precipitou sobre un poste de media tensión que causou o incendio forestal que afectou a seis hectáreas de monte na Gudiña. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Verín.

Por outra parte, a Garda Civil do Carballiño detivo ás 11,00 horas do día 23 de abril a P.R.R., de 31 anos e veciña do Irixo, en virtude dunha orde de busca, detención e personación ditada polo Xulgado Penal Número 1 de Valladolid.

24 de abril de 2015 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.