II Carreira Popular Pereiras-Mos
A Asociación de Festas San Miguel de Pereiras organiza a II Carreira Popular Pereiras-Mos que se celebrará o vindeiro 18 de abril ás 18.00 horas da tarde con saída e chegada á Igrexa de San Miguel de Pereiras.
Trátase dunha carreira de categoría absoluta, isto é, para maiores de 18 anos, cronometrada, con probas de 10.000 metros e 5.000 metros e percorrido por asfalto.
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 17 de abril cun prezo de 7 euros por persoa en >www.cronotec.es, ou presencialmente en Deportes González, Deportes Marcial e Que Bici.
Ademais da carreira realizarase a I Andaina Sendeiro dos Muíños que dará comezo ás 17.30 horas, media hora antes da carreira, e as inscricións poderanse facer o propio día 18 de abril por un prezo por persoa de 3 euros.
Os interesados en obter máis información sobre esta carreira poden consultar a web www.cronotec.es











