Hostalaría Compostela participa no proxecto camiño intelixente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Hostalaría Compostela colabora con Turismo de Galicia, Xacobeo, AMTEGA e a Fundación EOI para a posta en marcha do proxecto Smart Camiño, coa intención de potenciar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, para os establecementos que traballan no Camiño de Santiago, co obxectivo último de dispor dunha plataforma que unifique a información existente sobre a ruta e convertela nun referente turístico intelixente.

Os socios de Hostalaría Compostela poderán integrarse gratuitamente na plataforma web “Smart Camiño”, que contará cun portal e unha aplicación móbil que permitirá mostrar a información dos produtos e/ou servizos das empresas de forma sinxela a peregrinos e usuarios. Será gratis para os socios grazas ao financiamento de fondos Feder e da Xunta.  

Para participar no proxecto é necesario realizar un proceso de adhesión, polo que todos os establecementos asociados a Hostalaría Compostela, recibirán a visita de profesionais do proxecto para axudar a encher a información necesaria. Con este proxecto levarán a cabo distintas actuacións, co obxectivo de facilitar a familiarización e interacción dos socios de Hostalaría Compostela coa plataforma “Smart Camiño”:

– Diagnóstico da situación actual das pemes para a súa integración no proxecto.
– Asesoramento das empresas para a publicación de ofertas no portal do Camiño de Santiago.
– Asesoramento para facer partícipe á empresa en redes sociais e plataformas de comercialización de interese para o proxecto.
– Seguimento e monitorización das empresas adheridas.

20 de abril de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.