publicidade hoxe

Hornos Lamastelle participa na Feira Intersicop 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Dos días 13 ao 16 de Abril de 2015, a empresa panificadora oleirense Hornos Lamastelle participará no Salón Internacional de Panadaría, Confeitaría e Industrias afíns (Intersicop), organizada por IFEMA. Lamastelle comeza a súa actividade no ano 1991, cun persoal de 10 traballadores realizando distribucións unicamente en ámbito local pola provincia da Coruña. Non é ata o ano 1998 cando pasa a pertencer á rede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). En 2004 a fábrica amplía a súa capacidade de produción dotándose de equipos de última xeración necesarios para altos niveis de produción e conxelación, situándose nunha superficie de 2.000 metros cadrados.

Actualmente Hornos Lamastelle distribúe internacionalmente os seus produtos, conta cun persoal de 60 traballadores e unha capacidade de conxelación dos seus produtos acordes ás súas innovadoras e renovadas instalacións. Os principais produtos cos que acudirán á feira son: a Empanada Galega e a Torta de Santiago, ambas con Denominación Indicación Xeográfica Protexida, fabricadas de forma artesanal, coidando en todo momento a súa recoñecida calidade no produto. Hornos Lamastelle posúe un firme compromiso coa elaboración dos seus produtos, realizando constantemente controis exhaustivos, a través do seu ISO 9001, no seu proceso de produción co obxectivo de obter un produto final de alta calidade.

Tras conseguir o certificado de Denominación de Orixe Protexida para a produción da Torta de Santiago, só concedido a aqueles produtos elaborados de forma tradicional e con ingredientes da mellor calidade, Lamastelle atópase en proceso de obtención do certificado internacional IFS (International Food Standard), moi importante de cara ao comercio internacional.

10 de abril de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.