publicidade hoxe

Hípica Amazonas e a Deputación de Pontevedra presentaron a XV Festa Cabalar da Troita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte CaldelasPontevedra
A-
A+

A Festa da Troita terá lugar a primeira fin de semana de maio e contará cun invitado de excepción, o mexicano Gerardo del Mazo. O destacado empresario ecuestre acudirá a Ponte Caldelas para participar, por primeira vez nas súas visitas a España, nun evento hípico. Así mesmo, está confirmada a asistencia dos responsables das principais ganderías de España, coma Yeguada Torreluna e Yeguda Valdeviñas.

Segunda feira cabalar de Galicia

A concentración cabalar de Ponte Caldelas é a segunda de Galicia na que se dan cita máis de 300 xinetes e amazonas, que, ademais de compartir unha ruta polo municipio, sen ningún tipo de custo, poderán gozar dunha cea degustación de tenreira ó rodicio, amenizada por un grande espectáculo nocturno con música en directo. 

Xa na xornada do domingo desenvolveranse os concursos morfolóxicos de diferentes razas (cruzados, PRA, PRE…). Un carrusel hípico, a cargo dos alumnos de Hípica Amazonas, porá o broche final a unha nova edición da festa cabalar, organizada por Hípica Amazonas nas instalacións do seu centro da Insua.

7 de abril de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.