Gondomar acolle un curso de elaboración de marionetas de fío
Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar van por en marcha un curso de 50 horas de formación. Este curso é de “ Elaboración de marionetas de fío”, a través dun curso eminentemente práctico os participantes experimentarán catro fases deste proceso.
A primeira deseñarán a súa marioneta e planificarán a súa construción, a segunda construirán o prototipo , e farán a posta de fíos, como terceiro paso crearán a persoaxe buscando a expresividade coa pintura e o vestiario e por último, practicarán sobre os movementos básicos dunha marioneta.
Este curso vai dirixido preferentemente mozos e mozas de entre 18-35 anos, do Concello de Gondomar e que o seu perfil profesional sexa orientado ao ocio e tempo libre. Se estás interesado/a inscribirte as datas son do 6 ao 30 de abril na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar 986.369.746 e as datas de realización do curso irán do 4-19 de maio.











