Gondomar acolle o XIII Torneo de Fútbol 8

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+

Hoxe presentouse o XIII Torneo de Fútbol 8 Concello de Gondomar, no acto estiveron presentes D. Hipólito Pérez, Presidente do Club Fútbol Base Gondomar; Natalia Salgueiro, Concelleira de Deportes e D. Daniel Benavides, delegado provincial de Deportes de la Xunta de Galicia. O torneo celebrarase no campo municipal de As Cercas, durante os días 2,3 e 4 de abril. Organizado polo Concello de Gondomar e o Equipo de Fútbol Base Gondomar; está patrocinado por Mapfre Gondomar e Deporte Galego e conta coa colaboración de varios comercios da zona.

Serán máis de 500 os nenos participantes, pertencentes a provincia de Pontevedra e Ourense. As competicións realizaranse por categorías, o primeiro torneo celebrarase o Xoves día 2, na categoría Prebenxamín; o Venres día 3, na categoría Benxamín e o Sábado 4, na categoría Alevín.

Todos os equipos xogarán  partidos de 40 minutos con un descanso no intermedio, comezarán  ás 9:45 horas ata o remate de cada Xornada, que se estima será sobre as 20:00 horas; na que se fará entrega dos trofeos ós 3 primeiros clasificados de cada categoría e medalla o todos os participantes.

Dende o Concellaría de deportes, agradecese a colaboración de todos os que fan posible o Torneo que se celebra cada ano, co fin de fomentar este ilusionante proxecto, que dá a oportunidade a todos os xogadores en idade xuvenil de demostrar a súa preparación e valía. 

 

1 de abril de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.