Goberno de Vigo e colectivos valoran ideas sobre os programas municipais para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Abel Caballero na reunión cos colectivos

Abel Caballero na reunión cos colectivos

Este martes na galería da Alcaldía, representantes de numerosos colectivos da cidade saudaron as iniciativas municipais en marcha e expuxeron ao alcalde e edís do goberno de Vigo as súas propostas de mellora dos programas do Concello dirixidos aos maiores. Entre os abordados, o servizo de axuda no fogar, a teleasistencia, os coidadores de barrio ou os cursos de avellentamento activo.

No transcurso da charla, colectivos e goberno de Vigo abordaron algúns dos principais programas municipais dirixidos aos maiores, estudaron o seu funcionamento e se plantexaron propostas de mellora, iniciativas como o Servizo de Axuda no Fogar (que atende a 800 persoas cun orzamento de 3 millóns de euros), o Xantar na Casa (con 120 beneficiarios e 80.000 euros de investimento), os 50 coidadores de barrio en distintas zonas da cidade (cun investimento municipal próximo ao millón de euros) e os 65 novos parques biosaudables.

Ademais, no encontro falóuse dos cursos municipais de avellentamento activo, do que se benefician 400 usuarios, e dos de alfabetización informática para maiores, con máis de 700 usuarios e enmarcado na prevención da dependencia. Representantes de colectivos de maiores e do goberno local repasaron tamén os cursos de natación, con 250 usuarios nas piscinas de Teis, Lavadores e As Travesas, e o cachibol, un deporte que practican uns 150 maiores en todas as parroquias de Vigo. Tamén abordaron a teleasistencia -sufragada integramente polo Concello con 100.000 euros-, o bonotaxi e o convenio de apoio ao centro de día, entre outras.

14 de abril de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.