Galicia acada 23 medallas no Open de España Cadete de Combate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Podio cadete feminino -51

Podio cadete feminino -51

Galicia (entre a selección e a participación dos clubs) logrou un total de 23 medallas (5 ouros, 5 pratas e 13 bronces) no Open de España de combate da categoría cadete que se celebrou na mañá de hoxe no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Hai que destacar os magníficos resultados do equipo feminino galego, xa que nos dez pesos existentes, houbo catro ouros.A mañá resultou moi espectacular, xa que os máis pequenos non son conservadores nas súas accións, polo que os combates suelen resultar moi entretidos e con marcadores altos.

Os ouros foron para Arlet Ortiz (-51) que fixo unha competición espectacular. En cuartos eliminou á actual campioa de España e continuou con paso firme e sen sufrir ata a final, onde foi moi superior á catalá Yaiza Ferre.Tamén acadou o primeiro posto Aitana Santomé (-55), nun peso no que o podio tivo a tres galegas. Xunto a Aitana, recolleron as medallas de bronce Celia Losada (Taekanart) e Zaira Vázquez.

Asimesmo, Alma Pérez (-44) logrou a medalla de ouro e compartiu podo coa tamén galega Leticia Trigo, que foi bronce. E o terceiro ouro galego feminino foi para Tania Castiñeira (+59), que tamén foi campioa de España este ano.Na categoría feminina houbo máis preseas.

No peso -59 quilogramos, as galegas lograron tres: Unha prata (Alba Vidal) e dous bronces (Carla Muñiz e Silvia García). En -29, tamén sumamos dous bronces galegos que foron para Nerea Piedras e Elena Currás.Categoría masculina. En chicos o ouro foi para o deportista do Mace Unai Silva, en -57 quilogramos, e na final tivo que enfrontarse a outro galego, Noh Pereira. Ademais, o bronce foi para Rodrigo Varela do Luar.En -65 quilogramos, a prata foi para Brais Guardado e o bronce para Víctor Posada, mentres que no peso pesado tamén houbo prata (Brian Franco) e bronce (Moisés Cameán) galegos.

Completamos o medalleiro galego coa prata de Sergio Iglesias en -61 e os bronces de Sergio Gonzalo (-53), Alejandro López (-37) e Luis Silva (-33).Clasificación por equipos. Na clasificación xeral por equipos España logrou a primeira posición por diante de Alemaña (prate) e Gran Bretaña (bronce). Na categoría masculina o primeiro posto foi para Alemaña e na feminina para España.

11 de abril de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.