Francisco Quintáns acode ao nacional de combinadas de veteranos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Durango acolle o fin de semana un dos primeiros Campionatos de España en pista ao aire libre, o nacional de veteranos das especialidades de 10.000 metros e as probas combinadas; xuntará a preto de 150 atletas de toda España.

A Sociedade Ximnástica estará presente grazas a Francisco Quintáns, que nos últimos anos está a dominar as probas combinadas en Galicia, no seu grupo de idade veterana.

Aínda que a loita non estará só contra os seus rivais, o Decatlon non ten compaixón de ninguén e hai que estar moi ben fisicamente para superar con garantías as dez probas que o compoñen; Francisco levou unha preparación adecuada durante os meses de inverno e esperemos que supere os 3.628 puntos que realizou a tempada pasada.

544 atletas anotáronse á carreira popular de Monte Porreiro

A segunda etapa do Circuíto de Carreiras do Concello de Pontevedra trasládase este domingo ao barrio de Monte Porreiro, coa disputa da terceira edición da súa carreira popular.

Polo momento o éxito está garantido coa presenza de 544 atletas na liña de saída, o que é unha marca da proba.

O Instituto Municipal de Deportes e a Sociedade Ximnástica, xunto coa Asociación de Veciños do barrio e o centro UNED; tentarán que o éxito de participación se reflicta nunha organización perfecta da carreira.

Ás doce da mañá, nas inmediacións do paseo do Miradoiro de Monte Porreiro darase a saída sobre un percorrido de 4 km., ao que haberá que darlle dúas voltas para completar os 8 km. de distancia.

Pero antes a partir do once terá lugar as carreiras para os máis pequenos, desde os chupetes (de 0 a 4 anos) ata os xuvenís, con distancias acordes para as súas idades e ás que se poderán anotar minutos antes da saída.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a meteoroloxía será propicia para só pensar en correr.

10 de abril de 2015 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.