Foro Lugo denuncia ao PP por repartir publicidade antes da campaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

O candidato de Foro Lugo á alcaldía, Ildefonso Saavedra, denunciou este luns ao PP ante a xunta electoral por “repartir publicidade” antes de que comece a campaña. En concreto, Saavedra indicou que a Lei electoral prohibe “facer publicidade de campaña dende que se convocan as eleccións ata a propia campaña” e recordou que o aspirante do PP, Jaime Castiñeira, distribuíu material publicitario a semana pasada.

Como subliñou o cabeza de cartel de Foro Lugo, os populares estiveron a “repartir publicidade” por varios barrios de Lugo e por distintos comercios”. “O PP distribúe un lapis e unha libreta que leva o slogan do grupo municipal, inclúe unha serigrafía do candidato e mesmo pon ou teu alcalde.com, esgrimiu. Por todo iso, se mostrou convencido de que se está a vulnerar a lei, pois ata o próximo día 9 de maio “non se pode publicitar nada do candidato”.

27 de abril de 2015 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.