Finaliza o prazo de exposición pública do censo electoral para as eleccións municipais do 24 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo lembra que hoxe é o último día de exposición ó público do censo electoral co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no noso concello poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se debe realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións municipais, convocadas para o vindeiro 24 de maio.

Nesta ocasión, a consulta da inscrición do censo ten especial relevancia por terse realizado unha modificación importante na ubicaciónd dalgunhas mesas electoriais.

O censo electoral, pechado con data 1 de xaneiro de 2015, pódese consultar nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla ata as 14:00 horas.

13 de abril de 2015 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.