Finaliza en Vilagarcía a segunda edición dos curso de conserva en inglés nos que participaron 30 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Xuventude clausura esta semana os cursos de conversa en inglés do programa “Wha’s Up!!” no que participaron 30 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e que recibirán os respectivos certificados de aproveitamento nas sesións de hoxe e o mércores. Con esta actividade, o departamento dirixido por Sandra García pretendía fomentar o coñecemento da lingua estranxeira entre a mocidade como ferramenta na busca e mellora de emprego. Un profesor nativo foi o encargado de impartir as sesións.

Os cursos que se clausuran esta semana corresponden á segunda edición do programa “What’s Up!!! que organiza a Concellería de Xuventude. Tanto o ano pasado como este, os cursos contaron cunha excelente acollida por tratarse dunha actividade moi demandada pola xuventude que precisa do inglés á hora de acceder a diversos postos de traballo ou de mellorar a súa situación laboral. De feito, o dominio de varias linguas supón na actualidade un instrumento básico para a mellora das posibilidades de inserción laboral ou mellora de emprego, xa que debido á intensificacións das transaccións comerciais, cada vez son máis as empresas nacionais que demandan traballadores con coñecemento de idiomas, especialmente de inglés; ademais da utilidade que o coñecemento desta lingua ten para o sector turístico local de cara á unha maior internacionalización da súa clientela.

Debida á finalidade última dos cursos e de acordo coa liña de formación e mellora da empregabilidade que leva a cabo Xuventude co obxectivo de incidir de xeito positivo na loita contra o paro xuvenil, a Concellería financiou integramente os cursos que foron gratuítos para os 30 asistentes.

O profesor, Ian Barry, foi o encargado de impartir as sesións nas que principalmente se abordaron contidos prácticos a efectos de que os alumnos melloren as súas habilidades comunicativas en lingua inglesa mediante a conversa. A través do curso, os alumnos puideron perfeccionar a súa competencia lingüística, coñecer e utilizar correctamente o ritmo, entoación e acento nunha conversa, adquirir os coñecementos básicos sobre os verbos en inglés e aprender vocabulario útil para o día a día, así como memorizar as expresións máis comúns usadas para falar de pertenzas ou cantidades.

A efectos de sacarlle un mellor rendemento a actividade formativa, as clases foron principalmente prácticas e de conversa, organizándose un curso de nivel básico e outro de nivel medio, a efectos de adaptar as ensinanzas ao nivel de cada alumno. As clases comezaron en xaneiro e impartíronse 30 horas lectivas. A efectos de poder acreditar o nivel de dominio da fala en inglés, a Concellería expedirá certificado de aproveitamento aos alumnos que asistiran polo menos a 80% das horas lectivas e superaran as probas realizadas.

13 de abril de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.