Ferrrol acolle o IV Congreso Galego de Estudantes de Podoloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na inauguración do congreso

Rey Varela na inauguración do congreso

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu hoxe a inauguración do “IV Congreso Galego de Estudantes de Podoloxía”, que entre hoxe e mañá congregará no campus universitario ferrolán a numerosos expertos na materia. “O Concello apoiará sempre encontros como este, que alcanza xa a súa cuarta edición, e que poñen en valor o noso campus universitarios e as docencias que se imparten no mesmo”, destacou o primeiro edil da cidade. Neste sentido, o rexedor municipal destacou que sexa o propio alumnado o que dende o primeiro ano está a impulsar este simposio que permite “coñecer as últimas técnicas para conseguir a excelencia na práctica profesional, o que é o mellor obxectivo que se pode ter xa que a vosa profesión diríxese a atender ás persoas”.

Este encontro combinará as conferencias de expertos coa realización de talleres prácticos e mesas de debate. Na súa intervención, o rexedor municipal subliñou que “este Congreso é un gran punto de encontro para estudantes e profesionais da Podoloxía, xa que ademais da calidade e excelencia académica e profesional dos poñentes durante a cita e a celebración de talleres prácticos, terán a oportunidade de contactar coas empresas do sector”. Rey Varela manifestou a súa confianza de que estes dous días que durará o congreso “sirvan para ampliar a visión científica e profesional sobre os diversos temas que se traten”.

16 de abril de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.